Dende a Limia
01:08 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

Os alumnos do Conservatorio despiden o curso cun concerto

O. Ferreiro | 14 de Junio de 2017 (23:01 h.)

Este venres, a partir das 20:00 horas, no Auditorio da Casa de Cultura, o Conservatorio Profesional Municipal de Xinzo de Limia organiza o seu concerto de fin de curso.

Neste concerto, os alumnos e alumnas despedirán o curso e demostrarán unha vez máis o bo facer de todos eles e dos seus mestres e mestras. 

O concerto será completamente de balde e aberto a veciños e visitantes.

Desfrutemos da boa música!