Dende a Limia
04:59 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

A Arca da Noe enche esta fin de semana con novos concertos e actividades

O. Ferreiro | 21 de Febrero de 2018 (23:59 h.)

A Arca da Noe, situada en Vilar de Santos, volve encher a fin de semana de eventos culturais e musicais para facer máis levadeira a vida a limiáns residentes e visitantes.

Este venres, 23 de febreiro, a partir das 22:00 horas, terá lugar un concerto de El Pau.

Xa o sábado, a partir das 20:00 horas, Borxa Colmenero presentará, acompañado do exrexedor do municipio, Xosé Antón Jardón Dacal, o seu novo libro "Vidas culpábeis". A partir das 22:00 h coltará a música da man de Milesios Folk. 

O domingo, 25 de febreiro, haberá un concerto-presentación das memorias de Luis Pastor "Qué fue de los cantatorres? Memorias en verso".