Dende a Limia
04:14 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

A Arca da Noe enche a semana de boa música en Vilar de Santos

O. Ferreiro | 23 de Agosto de 2017 (19:22 h.)
Michelle Alany estará o vindeiro sábado na Arca da Noe con The Mystics.
Michelle Alany estará o vindeiro sábado na Arca da Noe con The Mystics.

Esta semana a Arca da Noe, vólvese encher de boa música para amenizar as noites limiás a todos e todas as que se queiran achegar.

Concertos o xoves o venres e o sábado en Vilar de Santos.

Mañá xoves, día 24 de agosto a partir das 21:30 horas, aterra na Arca, Luiz Caracol. Luiz é un músico e cantautor portugués que ten na xénese do seu traballo unha mestizaxe moi propia, froito da influencia entre a música portuguesa e a africana.

Así mesmo, o venres 25 ás 22:30 horas, será o turno de Rubén Artabe. Con dous discos editados, o músico e compositor galego Ribén e innovador e inquedo. Vén á Arca iniciar unha nova etapa musical marcada por mudanzas persoais e unha nova experimentación no seu concepto musical.

Xa para rematar esta fantástica semana musical en Vilar de Santos, o vindeiro sábado día 25, ás 22:30 horas, tocarán na Arca –dende Texas– michelle Alany & The Mystics. Trátase de música balcánica e mediterranea cunha mestura jazzística que non deixará indiferente a ninguén.