Dende a Limia
00:16 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

A Banda de Música Artística de Arcade e a Agrupación Musical da Limia, xuntas en concerto

| 28 de Noviembre de 2018 (21:15 h.)

Este sábado, día 1 de decembro, Xinzo de Limia converterase de novo na capital comarcal da música. A Banda de Música Artística de Arcade visita o concello antelán para deleitarnos cun concerto no que tamén estará a Agrupación Musical da Limia.

Esta audición terá lugar no auditorio municipal Ángel Cocho, situado nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, a partir das 20:00 horas. O acceso será libre e gratuíto até completar aforo. O evento está organizado polo Concello de Xinzo de Limia e a Agrupación Musical da Limia.

Sen dúbida unha nova oportunidade para que os veciños e veciñas de toda a comarca e mesmo de toda a provincia, poidan achegarse á capital antelá a desfrutar de boa música para le dar a benvida ao Nadal.