Dende a Limia
00:48 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Boa música para celebrar o III aniversario da Arca da Noe

O. Ferreiro | 03 de Agosto de 2017 (21:15 h.)
Nelson Quinteiro Cabaret
Nelson Quinteiro Cabaret

Este venres, 4 de agosto, a Arca da Noe, o local cultural por excelencia de Vilar de Santos, celebra o seu III aniversario a partires das 19 horas.

Á 19:30 horas haberá cabaré para nenos e nenas con Nelson Quinteiro Cabaret. Ás 21 horas presentarase a exposición e proxecto de Músicas Galegas Ilustradas e ás 22 horas pecharase a xornada cun impresionante concerto de Malvela.

Así mesmo, o vindeiro domingo 6 de agosto, o violinista irlandés Eoghan Neff visitará a limia para ofrecer un concerto coa colaboración especial de Anxo Lorenzo.