viernes 20.09.2019

Os "Camiños sonoros" chegan a Xinzo

Este fin de semana sábado e domingo na Igrexa Vella ás 20:45

Os "Camiños sonoros" chegan a Xinzo

Coa intención de participar na promoción e divulgación do Camiño de Santiago a través da música, a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico organiza o programa CARTAZ CAMIÑOS SONOROS 2019 EN XINZO DE LIMIAdenominado CAMIÑOS SONOROS. Un programa que conta coa axuda e patrocinio da Xunta de Galicia, no que colaboran tamén os Conservatorios de música de Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, A Estrada, Santiago de Compostela (Profesionais), Vigo e A Coruña (Superiores);
O Concello de Xinzo de Limia e a Parroquia de Santa Mariña de Xinzo coordinan o programa de actuacións, na vila.
Consiste en concertos ao longo da Vía da Prata durante os meses de maio, xuño e xullo de 2019, realizados por estudantes do último ciclo e profesores dos devanditos conservatorios.
En Xinzo de Limia, tal como se indica no cartaz, terá lugar na Igrexa Vella da Parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia, símbolo do Vía da Prata nesta vila do Camiño de Santiago, os días  6 e 7 de Xullo, ás 20:45 horas. (Despois das misas vespertinas da parroquia).

As actuacións correrán a cargo de:
Estela Rodríguez Rodríguez ao clarinete e Miguel Guillermo Sáez Sotelo ao piano, ambos do Conservatorio Profesional de Ourense, o sábado, día 6 de Xullo.
Cristina López Iribarnegaray á frauta e Miguel Vizoso ao piano, ambos do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, o 7 de Xullo.