Dende a Limia
08:38 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O ciclo "Do Audible" chega a Xinzo cun espectáculo musical sen precedentes

O. Ferreiro | 20 de Junio de 2017 (23:06 h.)

O Museo Galego do Entroido acolle mañá mércores –ás 20:30 horas– o concerto "Memorias líquidas", coa presenza do percusionista brasileiro Luís Bittencourt nun espectáculo que amosará as capacidades da auga como instrumento musical.

O concerto forma parte do ciclo de música Do Audible.

A peza que lle da título ao programa, da autoría de Bittencourt e escrita para waterphone –instrumento acústico de percusión con auga no interior–, baséase no ritmo da danza suramericana coñecida como chacarera e inspírase no pensamento sobre a "sociedade líquida" de Zygmunt Bauman. Unha sorte de manifesto sonoro a prol da disolución das fronteiras que separan a música erudita contemporánea da música rexional gaucha.

O concerto forma parte do ciclo de música Do Audible, que chega á súa quinta edición con novas propostas que poñen en diálogo as distintas vertentes da creación e do pensamento contemporáneos.