Dende a Limia
18:26 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

O colectivo ALGARIA inaugurou a súa exposición de pintura

| 22 de Septiembre de 2018 (09:39 h.)

As oito da tarde procedeuse por parte dos membros da directiva da asociación ALGARIA á inauguración da mostra de pintura composta por máis de 20 obras, feitas todas elas por membros da asociación afectadas por distintas  discapacidades, pero que non lle impiden para nada  facer traballos artísticos, neste caso, que estarán expostos na Casa de Cultura de Xinzo ata o 27 de setembro.

DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS

IMG_20180921_194909

Para rematar a visita da exposición os presentes, degustaron produtos enviados dende  a Coruña, pola  asociación Lamastelle, tamén de discapacitados que se dedican a elaboración de diversos produtos alimenticios.

Única representación municipal, tres concelleiros do PSdG-PSOE de Xinzo

IMG_20180921_201436Ningún representante dos concellos da Limia , aínda que estaban todos invitados, acudiron  a inauguración da exposición desta asociación que ten asociados nos diferentes concellos da comarca.

Elvira, Rafel, e Eva si estiveron no acto, no que solicitaron dos membros da asociación a súa autorización, para doarlle as dietas dos dous plenos a título persoal, tanto a eles como a Limisi, como xa anunciaron no último pleno. Os membros de Algaria aceptan a súa doazón a título persoal, co cal en canto o concello as abone farán a entrega, como xa se dixo a título persoal.

Por último a presidenta quixo agradecer a presenza de todos e sobre todo a colaboración total que tiveron por parte de Alfonso, técnico de cultura de Xinzo, que se basculou e solucionou todos os problemas que xurdiron para a posta en marcha da mesma.