Dende a Limia
04:14 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

O cómico Serxio Pazos chega a Xinzo co seu novo espectáculo

O. Ferreiro | 13 de Septiembre de 2017 (18:35 h.)
O actor e humorista ourensán, Serxio Pazos.
O actor e humorista ourensán, Serxio Pazos.

Este venres, ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura, o monologuista e actor Serxio Pazos presentará o seu novo traballo "Afiando con humor".

O espectáculo chega a Xinzo de Limia da man da Deputación de Ourense e a Rede Provincial de Auditorios e Teatros, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia. O artista recorre ao formato do monólogo para poñer en valor e relanzar a figura do afiador, que segundo Pazos, é o "mellor contador de historias". A entrada é de balde.