Dende a Limia
00:55 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Concerto do cantautor arxentino Rafael Amor en Sandiás

O. Ferreiro | 16 de Febrero de 2017 (22:13 h.)
Casrtaz promocional do concerto de Rafael Amor.
Casrtaz promocional do concerto de Rafael Amor.

O local cultural de Sandiás, A Corte dos Bois, organiza un concerto do cantautor Rafael Amor, que terá lugar mañá venres, 17 febrero. Rafael Amor é un dos cantautores de referencia en Arxentina, dos poucos que aínda quedan vivos daquela xeración dos anos 70. Fillo do cantante Francisco Amor, unha lenda do tango, é tamén un gran poeta e compositor. As súas composicións súas foron gravadas por José Larralde, Alberto Cortéz, Facundo Cabral, Mercedes Sosa e Xavier Labandera, entre outros.

Dentro da xira que está facendo por España, fará unha parada este venres na comarca da Limia. "É un verdadeiro luxazo telo aquí", afirman dende a organización do concerto.