Dende a Limia
15:11 h. Martes, 14 de Agosto de 2018

Concerto fin de curso Escola de Música da Limia

| 04 de Junio de 2018 (21:47 h.)

O día 10 de xuño, ás 18.00 h da tarde, terá lugar a actuación de fin de curso organizada e levada a cabo polo ESMULI, grazas á colaboración do Concello de Xinzo de Limia, da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense, da Agrupación Musical dá Limia e do propio ESMULI.

 

Como pode verse no cartel, esta escola fai fincapé na necesidade da aprendizaxe de música nos nenos e nenas xa  que, o feito de tocar nunha banda xera unha asociación, colaboración e compañeirismo entre os rapaces e rapazas que non provocan outras actividades ás que se lles dá máis importancia.

 

 Doutra banda, tamén reivindican que a música é un excelente amigo do desenvolvemento psicomotor e creativo dos nenos e nenas así como unha potente ferramenta de expresión.