Dende a Limia
19:27 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

Divertida para os pequenos e entretida para os menos pequenos

| 26 de Mayo de 2018 (21:48 h.)
Teatro Experimental de Barbadás
Teatro Experimental de Barbadás

Con un pouco de adianto por mor do “fútbol” os compoñentes do grupo de teatro experimental de Barbadás formado por unha ducia de actores entre os que destacaba porriba de todos Lucas Gudín que interpretaba o personaxe de Xuvenco con tan solo 8 anos,os compoñentes do grupo entretiveron coa súa obra experimental a todos aqueles que quixeron acercarse a casa de Cultura para presenciar a penúltima obra do certame de teatro en galego de Xinzo.

281

Os cativos divertíronse e o menos cativos entretivéronse coas historias de bruxas de toda a vida e tamén de última xeración , universitarias, así como cós  morcegos, pantasmas e xigantes vidos a menos.

Tarde divertida de teatro que rematou a tempo de que todos aqueles presentes tiveran tempo de presenciar o fútbol paralizante do país.

O director e actor da obra Alfonso Blanco comentaba ao final do espectáculo que aos rapaces e rapazas lle deveu gustar, porque estiveran atentos sen moverse da butaca,situación  pouco habitual, cando algo non lles agrada.