Dende a Limia
01:09 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

A Escola de Música da Limia celebra o seu concerto de fin de curso

O. Ferreiro | 15 de Junio de 2017 (19:54 h.)
19054963_1327193277379287_448739056297609490_o
19054963_1327193277379287_448739056297609490_o

Coa fin dos cursos académicos, proliferan os festivais, celebracións e concertos. Onte informabamos do concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Hoxe informamos de que este domingo, a partir das 19:00 horas, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, acollerá o concerto de fin de curso dos alumnos e alumnas da Escola de Música da Limia, pertencente á Agrupación Musical da Limia.

No concerto colabora o Concello de Xinzo de Limia e a Deputación de Ourense. A asistencia é de balde para todos os familiares dos alumnos e demáis veciños e visitantes.