Dende a Limia
07:38 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Ponte moi musical na Arca da Noe

| 27 de Abril de 2018 (17:37 h.)

Esta ponte de Maio a Arca da Noe acolle concertos e actucións, comenzando hoxe, venres 27 de abril con "Cria fama e bótate a correr" da man de AldaoLado, composto por María Lado e Lucía Aldao ás 22,00h.

 

Mañá sábado 28 de abril, celebrarase o concerto de Dous, tamén as 22,00h. Deixamosvos por aquí unha pequena mostra. https://www.youtube.com/watch?v=gleA7Gk9S0g

 

O domingo 29 de abril, ás 20,00h comezará o concerto de Ethnos Atramo, un grupo de Folk Electroacústico que mestura música antigua e tradicional dende unha perspectiva contemporánea. https://www.youtube.com/watch?v=re0TsjmkhU4

 

E o luns 30 de abril, ás 22,00h aproveitando o martes festivo, acturán na Arca o grupo Coanhadeira, que, como eles mesmos din, fan "Música Galega, para bailar, escoitar e desfrutar". Deixamosvos por aquí tamén https://www.youtube.com/watch?v=ntWCR0P2sTI&t=46s

 

Unha ponte chea de música e bo ambiente na Arca da Noe.