Dende a Limia
21:59 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Habelas Hainas protagonizarán o derradeiro concerto do ano na Arca da Noe

O. Ferreiro | 27 de Diciembre de 2017 (22:41 h.)

A Arca da Noe, o local cultural situado no concello de Vilar de Santos, organiza para este venres, día 29 de decembro, o derraderio concerto do ano 2017. Terá lugar a partir das 22:00 horas e as que nos deleitarán coa mellor música serán as Habelas Hainas.

Despois dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, Arantza Alfaia, a limiá Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo veñen á Limia presentar "Libres e loucas", o primeiro traballo discográfico deste grupo de músicas de raíz galega cun son enérxico, fresco e orixinal desde a ollada feminista e social. 

Foliada intensa, galega e feminista para despedirmos o ano na Limia!