Dende a Limia
23:59 h. Martes, 16 de Enero de 2018

Inaugúrase unha exposición fotográfica sobre Galicia no Casino Antelano

O. Ferreiro | 19 de Diciembre de 2017 (23:21 h.)
As autoridades institucionais e empresariais nun momento da presentación da exposición.
As autoridades institucionais e empresariais nun momento da presentación da exposición.

Hoxe tivo lugar en Xinzo de Limia a inauguración da exposición "Unha mirada de antaño" no Casino Antelano. A Obra Social Abanca "Afundación" achéganos, con esta exposición, a visión que tivo a fotógrafa Ruth Matilda Anderson sobre Galicia entre os anos 1926 e 1929.

Esta interesante exposición estará na nosa vila ata o vindeiro día 20 de xaneiro.

Esta interesante exposición estará na nosa vila ata o vindeiro día 20 de xaneiro, en horario de luns a domingo de 15:00 a 21:30 horas.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Xinzo, D. Antonio Pérez; o director territorial de Abanca, D. Rubén Saavedra; o presidente do Casino Antelano, D. Arsenio Martínez e a coordinadora institucional de Afundación, Dna. Beatriz Fernández.