Dende a Limia
19:31 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Un mes repleto na Arca da Noe

| 03 de Abril de 2018 (21:50 h.)
Actuacións da Arca da Noe en Abril
Actuacións da Arca da Noe en Abril

Comeza Abril e con el anuncianse as "Travessias da Arca" deste abril , repleto de actividades. Na Arca da Noe, dende o próximo xoves día 5 ata o vindeiro día 30,  celebraránse sen descanso concertos, actuacións e obradoiros.

Como ben dicimos, comeza este xoves día 5 coa actuación de Pablo Sanmamed Trío ás 20:30, e continuando a fin de semana cas actuacións de A máquina de mallar o venres 6 as 22:00 e Pako Portalo o sábado as 22:30.

O seguinte venres día 13 ás 20:00 pásase o documental "As neves zona cero" de Adrián González complementando a ILP para a defensa do bosque autóctono. Ese mesmo día continúase co concerto de Jake Shane. O Sábado 14 continúan os concertos coa actuación de ITH Rock ás 22:00. Remata o fin de semana co domingo 15, primeiro co Obradoiro "Tradiçâo e Musicalidade" de Felisa Segade e Xermán Muiños, impartido dende a maña ata a tarde. E remata cos concertos de Andoa e Talabarte que comenzan as 19:00, cando o obradoiro termina.

A seguinte fin de semana tamén está chea de actividades, comezando o venres 20 co concerto de Aida Saco as 22:00 e continuando o sábado 21 cos concertos de Os Meniños e Terra Morena, os cales comezan as 21:30.

Finalmente, a fin de semana do venres 27 comeza co Concerto recital de María Lado e Lucía Aldao as 22:00. O Sábado 28 pola tarde impartese o obradoiro Regueifa, dende as 19:00 ate as 20:30 con Alba María. E as 22:00 do mesmo sábado celebrase o concerto de Dous "A viaxe de yo-yo". O mes remata luns día 30 coa actuación de Coanhadeira ás 22:00