Dende a Limia
19:30 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

O Museo da Limia homenaxeou a Antón Tovar

| 15 de Abril de 2018 (20:30 h.)

A Secretaria do padroado do museo, foi a encargada de presentar o autor do libro, xornalista nado en Celanova , director da revista literaria Follas Secas, foi un dos impulsores da recuperación da Casa de Curros Enriquez e da súa transformación en Museo. Foi tamén o fundador do premio “Celanova casa dos poetas”

Como escritor ademais de libros de narrativa no que destaca é nos libros de conversas  con personaxes como Manuel María ,  Méndez Ferrín, Alfredo Conde  e como non de Antón Tovar.

A PRIMEIRA EDICIÓN APARECEU POR PÁXINAS NO FARO DE VIGO

191No ano 2005  publicouse tamén en Galaxia da man de Victor Freixanes con prólogo de Alonso Montero.

O autor confesa a súa ledicia  polo feito de ter que ir todos os días dunha semana Santa ata a casa do autor ,  en Pena Trevinca , dando  como froito esta publicación.

A continuación tomou a palabra  Delfín Caseiro, presidente do padroado, para gabar o autor Antón Tovar, persoa que coñeceu perfectamente.

LECTURA DE PASAXES DO LIBRO

Dous rapaces e dúas rapazas do CEIP de Rairiz de Veiga deron lectura a uns pasaxes escollidos da obra que se presentaba.

Para finalizar o acto  os presentes escoitaron  tres interpretacións do cantautor do Barco Anxo Rei.

189