Dende a Limia
14:08 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Música por un monte vivo e soul para todas na Arca da Noe

O. Ferreiro | 03 de Noviembre de 2017 (22:11 h.)
Sabela King & The Heartbreakers
Sabela King & The Heartbreakers

Este sábado, día 4 de novembro, a Arca da Noe de Vilar de Santos, continúa con programación musical. Ás 18:00 horas terá lugar un concerto expansivo por un monte vivo, dirixido a nenos e nenas. Será levado a cabo pola Banda dos Cueiros e o diñeiro recadado ira dirixido a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos Asociación Ecoloxista Adega, os Amigos da Terra e as Amigas das Árbores da Limia.

Música para pequenos e maiores en Vilar de Santos.

Depois do concerto para nenas e nenos da Banda dos Cueiros, ás 22:00 horas, celebrarase un concerto de blues, country e soul con Sabela King & The Heartbreakers. Trátase dun trío formado por Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez, todos membros de The Lákazans. Estilisticamente móvense entre o blues, o country e o soul, adaptando versões dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios.