Dende a Limia
16:30 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Música para rematar o ano

| 28 de Diciembre de 2017 (22:05 h.)

IMG-20171226-WA0002

O venres as 20:00 tócalle a quenda a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo ofrecerlle aos seus seguidores na Casa da Cultura o seu tradicional concerto de fin de ano.

O sábado as 19:45 serán os membros da Agrupación Musical da Limia os que nos deleiten co concerto de fin de ano, neste caso, como ven sendo costume na igrexa nova de Xinzo.  Pero este ano non van a estar solos, posto que no concerto contan coa colaboración da Banda Infantil  da Coral Santa Mariña, ademais das escolas Fusión Fitnes e Perkutas.

IMG_20171226_114941

Recordar que en  todas estas actividades de Nadal colabora a Concellería de Cultura a quen se lle une neste caso a Igrexa Parroquial cedendo o templo.