Dende a Limia
14:27 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

Novo espectáculo infantil para a tarde do sábado

| 27 de Julio de 2018 (00:01 h.)

Dentro do programa da Xunta e AGADIC ven a Xinzo un novo espectáculo infantil na tarde do sábado. Ás 20:00 na praza Maior a compañía E RUN RUN que dirixe  Elena Seijo, coñecida actora e directora, presenta un espectáculo que a propia diretora denomina infantil e familiar titulado  CECILIA E A SÚA BONECA.

Outro sábado máis deste verán o concello de Xinzo, convida a que todos, nenos, nenas e maiores,pasen un rato agradable, esperando unha vez máis que o tempo acompañe.