Domingo 21.04.2019
Banda de gaitas de Xinzo de Limia

Presentación do CD SONHORAS

Ás 21:00 o sábado 13 de abril

Despois da presentación que se fixera no teatro Principal de Ourense, a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia vai a facer a presentación do seu último traballo denominado SONHORAS , o sábado 13 a partir das 21:00 na Igrexa parroquial de Sta. Mariña.

A entrada será totalmente gratuita. Unha vez máis se ten que recurrir a este "escenario" para poder facer un concerto co mínimo de garantías de son e calidade.É por elo que todos os relacionados con calqueira das moitas actividades artísticas e musicais claman unha vez máis por ese "auditorio" que todos esperamos sexa unha realidade nos vindeiros anos.