Dende a Limia
11:48 h. Martes, 16 de Enero de 2018

O prestixioso acordeonista Kepa Junquera dará un concerto no Museo Galego do Entroido

O. Ferreiro | 12 de Diciembre de 2017 (23:23 h.)

O Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, será escenario do concerto do prestixioso acordeonista vasco, Kepa Junquera.

O concerto, organizado polo Museo Galego do Entroido e a Concellería de Cultura de Xinzo de Limia –comandada esta polo edil e deputado popular, Carlos Gómez– terá lugar este domingo, día 17 de decembro, ás 13:00 horas.

O músico presentará os seus últimos proxectos –Samurai e Enllà– ao público limián e a todos os que se acheguen a escoitalo. Kepa Junquera ten demostrado en numerosas ocasións o seu amor por Galicia e a súa música tradicional.

Kepa Junquera é un músico e compositor vasco. Mestre da trikitixa, editou ata agora 13 álbums, gañando no 2004 o premio Grammy Latino ó Mellor Álbum Folk polo seu disco en directo 'K'.