Dende a Limia
10:50 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

Programa completo do festival de teatro humorístico en galego

| 18 de Abril de 2018 (10:08 h.)

Coincidindo co mes das letras galegas, a Concellería de Cultura retoma o Festival de Teatro Humorístico en Galego, o cal durará dende o 21 de abril ata o 2 de xuño. Nesta terceira edición do Festival, actuarán tanto compañías amateurs como profesionais. Como xa sucedeu en pasadas edicións, espérase una boa acoxida por parte do público e gran afluencia de xente. O percorrido comezará ca obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”representada por Matrioshka Teatro, o día 21 ás 19.30 no auditorio “´Ángel Cocho” da Casa de Cultura. Sucederánse diversas obras cada fin de semana, "Loló e mamá" teatralizada por Deste Xeito Teatro, "D.E.P. - Unha comedia de morte" por Malasombra Productions ou "Os cornos son cousas de tres" por Triluque Teatro serán algunhas das obras que poderemos disfrutar. Tamén se pasarán duas obras para os cativos: "O último dragrón!" por Teatro Sarabela e "Contos de primavera" por Celtia Figueiras, o 16 e o 23 de maio respectivamente e ambas as 12h da mañá.  O Festival de Teatro Humorístico en Galego é realizado grazas á colaboración da Rede de Dinamización Lingüística, o Concello de Xinzo, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia .