Dende a Limia
00:16 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Sicixia, o novo e aclamado filme de Ignacio Vilar, chega a Xinzo

O. Ferreiro | 21 de Agosto de 2017 (19:20 h.)

Sicixia é un paseo polo amor e pola Costa da Morte. Rodada cun coidado exquisito polo director da Esmorga Ignacio Vilar, está protagonizada polos galegos Monti Castiñeiras e Marta Lado. Despois dunha moi boa acollida nas salas comerciais e en diferentes festivais a nivel internacional, chega a Xinzo de Limia para que veciños e visitantes poidan desfrutar da súa proxección.

Sicixia é un paseo polo amor e pola Costa da Morte.

A proxección será ao aire libre e terá lugar o vindeiro sábado, día 26 de agosto, a partires das 21:00 horas, na Praza Carlos Casares da capital da Limia.

Organizan a Deputación de Ourense e Vía Láctea Filmes –a produtora– coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.