viernes 20.09.2019

Os Sons dos Camiños fixeron a primeira parada en Xinzo

Hoxe domingo volverán a soar otros na Igrexa Vella a mesma hora

Os Sons dos Camiños fixeron a primeira parada en Xinzo

Na tarde do sábado a Igrexa Vella de Xinzo foi o esceario escollido para a primeira das dúas xornadas ,do programa Camiños Sonoros, organizado polo Xacobeo 2021 coa participación de Xoves Prodixios Galegos dos conservatorios superiores de música de Galicia.

No atrio actuaron para o público asistente a clarinetista ourensá Estela Rodríguez  acompañada ao piano por Miguel Sáez.

Pezas de Lefevre, Schubert; Mozart e Nielsen foron interpretadas maxestuosamente  polos dous músicos, alumna e profesor.

Hoxe a tarde segundo día do programa

Na tarde noite de hoxe(domingo) subirán o atrio da Igrexa Vella Cristina López Iribarnegaray  do Conservatorio Profesional de Pontevedra, a frauta travesera e  Miguel Vizoso ao piano.