Dende a Limia
19:26 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

Teatro as 19:00

| 25 de Mayo de 2018 (19:08 h.)

Mañá, día 26 de maio, no auditorio da Casa de Cultura de Xinzo de Limia, representarase a obra “Que medo” por o grupo de Teatro Experimental de Barbadás,con entrada de balde, para que toda a familia poida gozar desta obra, enmarcada no Festival de Teatro en Galego.

A obra celebrarase grazas á colaboración do Concello de Xinzo, da REAou, da Deputación de Ourense e da Ourensana.

A obra é unha historia terrorífica, chea de humor e de tenrura. Uns personaxes disparatados que toman protagonismo nesta historia de medo e de risa que conta con xigantes, bruxas, vampiros, mendigos, todos envoltos nunha trama que non deixará indiferente a ninguén. Unha peza teatral para toda a familia e moi especial para os mais pequenos.

 Para que ninguén teña que decidir se ir ver a final da Champion ou ao teatro, adiantouse a hora ás 19:00 da tarde para que ambas as opcións sexan posibles.

Animámosvos a que vos pasedes pola Casa de Cultura cos máis pequenos para pasar unha tarde tan divertida como terrorífica: ¡Que medo!