Dende a Limia
14:08 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Teatro e música para aledar a noite de venres en Vilar de Santos

O. Ferreiro | 03 de Noviembre de 2017 (22:01 h.)

Hoxe venres, 3 de novmebro, aterran na Arca, Samuel Merino e De Cor de Lousa. A primeira é unha peza de teatro que comeza ás 21:30 horas e a segunda un concerto que terá lugar ás 22:30 horas.

Teatro e boa música para aledar a noite de venres.

"Mudar de pel", de Samuel Merino, é o resultado da primeira residencia artística levada a cabo na Sala Ingrávida do Porriño, con dramaturxia e dirección de José Vaquero sobre textos de Samuel Merino e sempre baixo a atenta mirada de Irene Moreira, directora da escena. A peza narra unha historia íntima e persoal que transita polo isolamento persoal e o paso ao movemento creativo e que ten ao amos como motor universal.

"De Cor de Lousa " é unha formación musical en formato trío, aberta a moitos estilos, ritmos e antes de todo procedencia e fontes para facer a súa música. A súa inspiración vén case sempe desde as músicas arraianas. E non só da raia física ou xeográfica, senon tamén da raia lingüística, a raia que conecta a África, a América e a Europa.