Dende a Limia
19:28 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

Teatro “solidario” este sábado en Xinzo

| 01 de Junio de 2018 (19:58 h.)

As 19:30 do sábado 2 de xuño  ó  escenario da Casa de Cultura  subiranse os actores e actrices do grupo limiá ANEIS coa obra RÚA DA TRANQUILIDADE  con guión e dirección de Manolo Fontemoura.

Ademais esta última función da III Semana de Teatro en Galego que se veu celebrando dende o mes pasado tamén terá carácter solidario. Aínda que a entrada e de balde, pregase a todos os asistentes que acudan con 1 Kg de alimentos non perecedoiros  a favor de Cáritas interparroquial “VAL DE SALAS”.