Dende a Limia
16:06 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A Asociación de Mulleres Rurais da Raia celebra o seu magosto en Xinzo de Limia

O. Ferreiro | 03 de Noviembre de 2017 (21:25 h.)
Unha imaxe do magosto do pasado ano.
Unha imaxe do magosto do pasado ano.

A Asociación de Mulleres Rurais da Raia –no municipio de Baltar– celebrará o seu xa tradicional magosto este sábado, 4 de novembro. Despois de varias edicións, este ano contarán con máis dun cento de sistentes, algo que, en palabras das propias organizadoras, lles da forza para seguir loitando por facer máis actividades na asociacións.

Terá lugar no Restaurante Antela de Xinzo de Limia e a cea estará amenizada polo Trío Pachán.

Cunha traxectoria de máis de 10 anos, esta asociación pretende fomentar a vida no rural realizando actividades para as mulleres tales como informática, curso de pandeireta, excursións ou ximnasia. Ademáis destas actividades, tamén realizamos xuntanzas para que as socias, e os que non son socios, disfruten dun día de diversión.

IMG-20171103-WA0042

Terá lugar no Restaurante Antela de Xinzo de Limia e a cea estará amenizada polo Trío Pachán. Así mesmo, terá lugar o sorteo dunha botella de viño e un décimo para a lotaría do 11 de novembro. 

Esperamos que sexa un gran éxito e que as mulleres rurais da Raia disfruten do magosto, festa galega que tanto nos gusta a todos.