Dende a Limia
01:43 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

"Claves de una campaña única" do limián Eladio Jardón, libro político do ano

O. Ferreiro | 13 de Septiembre de 2017 (20:13 h.)
O trofeo Victory Awards á beira do libro do limián –baltarés– Eladio Jardón.
O trofeo Victory Awards á beira do libro do limián –baltarés– Eladio Jardón.

O consultor político limián Eladio Jardón gana por segundo ano, e de forma consecutiva, un "Óscar" da comunicación política en Washington. E faino co premio ao "libro político do ano" para a súa publicación "Claves de una campaña única".

O autor explica as claves dunha campaña única que levaron a Manuel Baltar a gañar as eleccións.

The Washington Academy of Political Arts and Sciences é unha sociedade honoraria coa misión de recoñecer a excelencia do traballo e o talento na industria da comunicación política, ademais de elevar a profesión da consultoría política para mellorar a democracia no mundo. Os seus membros poñen en valor que a política é perfectible en todas as súas dimensións comezando coa campaña e seguindo na xestión de comunicación de goberno.

Cada ano, estes premios –chamados Victory Awards– concédense aos individuos máis talentosos que participaron en diversas campañas políticas e, tamén, aos traballos específicos que supuxeron unha xiro diferencial para un candidato ou unha xornada electoral.

Neste libro o lector pode atopar unha serie de pasaxes, ideas que se converteron en accións, opinións autorizadas e un breve relato do que foi unha campaña diferente que rompeu esquemas, que puxo como protagonista ao electorado e que se atreveu a facer as cousas de forma distinta e creativa nas últimas elección municipais en Ourense.

A gala celebrouse en Washington a comezos do presente mes de setembro.

O autor explica as claves dunha campaña única que levaron a Manuel Baltar a gañar as eleccións e se converter en presidente da Deputación de Ourense. 

Washington inaugurou o mes de setembro coa gala de entrega dos prestixiosos premios Victory Awards, onde se recoñeceu o mellor da comunicación, estratexia e consultoría política internacional.