Dende a Limia
11:51 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

Olimpia Valencia xa conta co recoñecemento do seu pobo de Baltar

| 29 de Julio de 2017 (23:15 h.)

Coa asistencia do Presidente do Parlamente,Miguel A. Santalices, o Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña  e o Vicepresidente da Deputación,  Rosendo  Fernández así como da Senadora por Ourense  Carmen Leite, todos eles na dobre condición de autoridades e compañeiros de profesión, así como o alcalde de Baltar Jose A Feijoo .  e outras autoridades, foi descuberta unha placa no centro de Saúde de Baltar, conmemorativa do nomeamento da primeira muller licenciada en Medicina de Galicia, que naceu en Baltar e está soterrada tamén en Baltar.

342

Non quixo perderse o acto o Pte. da Cámara de Montalegre, que non perdeu a oportunidade de estar presente, como é a súa costume en todos os actos de importancia que se celebran no veciño Baltar.

Asistiron tamén compañeiros de profesión da comarca, así como familiares de Olimpia, que tomaron a palabra para agradecer  este homenaxe  a muller que naceu e morreu neste pobo, e que foi unha precursora da muller galega en todos os sentidos, e como non, no seu sentimento nacionalista.

344

Acompañaron o acto veciños e veciñas do pobo así como a banda de gaitas “Os da raia”, así como un grupo do veciño Montalegre, que puxeron o son do acto institucional.

Rematado o acto a maioría dos presentes trasladáronse  ao Caneiro para sumarse a IX Festa Popular de Baltar.