Dende a Limia
12:28 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Rematou o programa de Cáritas para o Val de Salas

| 10 de Octubre de 2017 (22:36 h.)

Mais de trinta persoas, a maior cantidade delas da terceira idade aprenderon  a pasar o tempo facendo manualidades, ximnasia e talleres de memoria, entre outros.

Veciños de Baltar, Boullosa e S. Martiño perante case un ano dirixidos pola coordinadora do programa Ana e coa colaboración de Palmira, Floren e Sole adiáronse a que os veciños e veciñas, algunha delas de mais de 80 anos, empregaran o tempo libre nos pobos en actividades formativas e de mantemento.

EXPOSICIÓN NA CASA DE CULTURA DE BALTAR

462Todos os traballos realizados polos asistentes aos talleres foron expostos dende este verán en Baltar. A exposición foi visitada durante este tempo por moitos veciños e visitantes.

Este luns o Concello de Baltar quixo obsequiar a todos os participantes cun xantar de confraternización.

Jose Antonio Feijó, alcalde do concello, estaba moi satisfeito polos traballos e talleres que se realizaron, entendendo que o obxectivo  de dinamizar o entorno rural e de xerar puntos de encontro, estivo conseguido e animou tanto a Cáritas como aos participantes para que este vindeiro ano sigan coas actividades que agora remataron a campaña 2017.

RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL

Ana Mª Vázquez en representación de Cáritas Ourense manifestou que nos próximos meses vanse facer uns novos cursos  nos que se traballará a recuperación do patrimonio inmaterial da zona.

Un dos traballos que se van a realizar será unha exposición sobre a emigración. Para levalo a cabo estanse pondo con xentes da zona que tiveron que emigrar, para que acheguen fotografías e documentos orixinais da época.

Os centros dos tres concellos entre o que se atopa o de Baltar seguirán acollendo estes talleres que teñen un custo de 10 € ao mes.