Dende a Limia
03:41 h. Lunes, 20 de Febrero de 2017

Arde un vehículo en Bande e as chamas afectan a un edificio

O. Ferreiro | 29 de Enero de 2017 (20:12 h.)
Imaxe do turismo calcinado en Bande.
Imaxe do turismo calcinado en Bande.

Un turismo ardeu esta pasada madrugada na localidade de Bande, na comarca da Baixa Limia. O lume, que calcinou por completo o coche, afectou tamén á fachada do edificio que estaba á beira de onde o vehículo se atopaba estacionado. Un veciño avisou ao 112 ás 4 horas da mañá e foron mobilizados os efectivos de Protección Civil e o GES de Muíños que acudiron ao lugar e sufocaron as chamas inmediatamente.

O sinistro tivo lugar na Rúa Lamas Calvelo. Por efecto da elevada temperatura, desprendeuse parte do revestimento da fachada da infraestrutura do edificio afectado. No turismo non había ninguén, polo que a Garda Civil vén de aperturar unha investigación para localizar ao propietario e determinar as causas do lume que, segundo indica o 112, comezaron nas partes baixas do vehículo.