Dende a Limia
00:31 h. Sábado, 18 de Agosto de 2018

Bande énchese de actores e actrices

| 14 de Mayo de 2018 (18:12 h.)

Celébrase os XXIII Encontros de Teatro Escolar e Amateur que terán lugar no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo en Bande. Dende o luns14 ata o venres 18, sucederánse obras teatrais realizadas por alumnos de moitas escolas distintas e e grupos amateur que amenizaran a semana das letras galegas.

O luns 14 comezará coa Inauguración dos Encontros de Teatro as 10:00h e porá en escena a primeira obra o propio centro CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande coa representación de "O misterior das sombras". Tamén representarán obras os centros CEIP San Marcos (Cartelle), CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar), CEIP Plurilingüe dos Blancos e o Seminario Menor Diocesano “A Inmaculada” (Ourense).

O martes 15 as obras comezarán as 10:30h e a primeira será "Os Carballo", representada polo CEIP Padre Feijoo (Allariz), e tamén representarán obras os centros CEIP Manuel Sueiro (Ourense), CEIP Curros Enríquez (Celanova) e CEIP do Xurés (Lobios) que cerrará o día coa obra "As tres cabazas".

O mércores 16 comezarán as obras 10:00h coa obra "80 días" da E. T. Santo Angel (Ourense), continuara coa actuación do centro Santo Angel (Ourense) e, logo actuarán os grupos amateur Caixa Desastre (Ourense) e Oreteiro (Ourense), que se encargarán de rematar a xornada coas obras "Superhérores" e "Caixa Pazpallo" respectivamente.

O derradeiro día, o venres 18 será máis curto e só se representarán tres obras, comezando as 10:00h coa obra "Esta si que che é desgracia", interpretada polo IES Aquis Querquernis (Bande), e logo sucederanse a obra do CEIP Rogelio García Yañez (Ramiras) e a da Asociación Cultura Teatro Aneis (Xinzo de Limia) que porá o broche final á XXIII Edición dos Encontros de Teatro Escolar e Amateur.