Dende a Limia
16:04 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Bande presenta un amplo programa de actividades de Nadal

O. Ferreiro | 08 de Diciembre de 2016 (21:31 h.)
Imaxe do centro da vila de Bande.
Imaxe do centro da vila de Bande.

O Concello de Bande vén de presentar un amplo programa de actividades e eventos de Nadal que vai dende o 26 de decembro até a previa de Reis, o día 5 de xaneiro. Dende a Concellería de Cultura deste municipio da Baixa Limia animan a todos os veciños e visitantes a participaren activamente e en familia das actividades municipais.

Cun dos programas máis extensos da comarca, ben seguro que moitos outros limiáns se achegarán a Bande para desfrutar dos eventos programados.

Até o 29 de decembro: VII CONCURSO DE BELÉNS

Información e inscrición nas oficinas municipais antes do día 29 de decembro.

Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro: EXPOSICIÓN DE POSTAIS DESEÑADAS POLOS NENOS DO CEIP XOAQUÍN LOURENZO

Na casa do concello. De 9:00h. a 14:30h.

26, 28 de decembro e 2 de xaneiro: OBRADOIROS DE NADAL

Na biblioteca de 10:00h. a 13:30h. Actividades para nen@s.

27 de decembro: PAZOLANDIA

Inscrición na biblioteca ou oficinas concello antes do día 23 de decembro. 2€/persoa. Límite de prazas.

28 de decembro: ANIMAR-T (A BAILAR NO NADAL)

Salón de actos do concello ás 18:00h. Espectáculo de animación para nen@s. Xogos, cancións, baile, maxia e moitas sorpresas...

29, 30 de decembro e 3, 4 de xaneiro: ACTIVIDADES INFORMÁTICA PARA NEN@S

Na aula Cemit (1a planta da Casa do Concello) de 11:00h. a 12:00h.

29 de decembro: ODAIKO (INVENCIÓN)

Salón de actos do concello ás 18:00h. Espectáculo teatral – musical para público familiar.

2 de xaneiro: CARTA AOS REIS MAGOS

Na biblioteca de 10:00h. a 13:30h.

3 de xaneiro: OLIMPIADAS DE INTERIOR

Pavillón de deportes a partir das 17:00h. Maratón de xogos para menores de 15 anos.

5 de xaneiro: RECEPCIÓN DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE

Salón de actos do concello a partir das18:00h. Chocolatada.