Dende a Limia
21:57 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Bande recibirá achegas de máis de 40,000 euros para impulsar o turismo no medio rural

| 16 de Julio de 2018 (20:13 h.)

Turismo de Galicia destina este ano preto de 730.000 euros para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural da provincia de Ourense. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, fíxoo este anuncio durante a visita que realizou hoxe ao concello Bande. Este ano vanse a  conceder axudas a preto de 30 concellos e entidades locais da provincia de Ourense co obxectivo de mellorar a accesibilidade física e á sinalización dos seus recursos turísticos coma os espazos naturais, os miradoiros e as rutas de sendeirismo, as praias fluviais ou os bens culturais.


Durante a visita, a delegada territorial explicou que o obxectivo desta liña de subvencións, a través da cal o concello de Bande recibirá unha achega de máis de 40.000 euros, é dotar o medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible. Os traballos que se van a executar en Bande supoñen a valorización dun dos reclamos turísticos deste municipio como é o complexo termal emprazado en Os Baños e consistirán no acondicionamento do aparcadoiro co obxectivo de reducir o impacto negativo que producen os vehículos estacionados na contorna. O investimento total desta actuación está cifrado en preto de 62.500 euros.