Dende a Limia
00:07 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Bande volve aos “50”

| 19 de Enero de 2018 (19:43 h.)

Este sábado 20 de xaneiro a localidade de Bande volve ós anos 50 ou 60 co gallo da festividade de San Sebastián. Este Concello coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACE), preparou un completo programa de actividades que recreará a vida cotiá daquela época.

A festa que dende fai anos consistía na celebración dunha misa e unha procesión na honra  do santo, este ano fará unha exaltación da tradición e a gastronomía local daqueles anos.

Esta festa comezará as 10:30h cunha demostración dos oficios traicionáis, como ferreiría, xoguetería tradicional,.. no Mercado do Xurés , así como a presentación da exposición fotográfica "Bande Noutrora", na que se poderán ver cerca de 1200 fotografías  de mediados de século pasado, recuperadas grazas a colaboración dos veciños e achegas realizadas a través das redes sociais.

Durante a xornada non faltará a animación dos Gaiteiros e Concertinas e un Gran Baile Popular as 17:00h.No descanso do mesmo poxarase o Porquiño de San Sebastián con se facía naqueles anos.

Tamén contaremos cun photocall e un fotógrafo, cunha máquina da época, para inmortalizar en fotografías en branco e negro ó estilo da época ós participantes que o desexen.

Os veciños e visitantes que o desexen poderán vir caracterizados como nos ano 50 e 60.

Ademais os bares e restaurantes do municipio ofrecerán caldo e pratos da época, entregaráselle os visitantes e veciños  un mapa da localidade coa localización dos locais e os diferentes produtos a desgustar.

O Concello quere invitar a todos os veciños e veciñas e como non a todos aqueles que queiran achegarse ata Bande.