Dende a Limia
08:38 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A biblioteca de Bande abrirá como ludoteca durante o verán

O. Ferreiro | 23 de Junio de 2017 (01:39 h.)

Un ano máis a Biblioteca Pública do Concello de Bande abrirá como ludoteca durante os meses de xuño, xullo e agosto, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Faino, segundo informan dende o consistorio, como alternativa educativa para as vacacións escolares dos nenos e nenas.

Para máis información é preciso chamar ao 988 44 30 20.

As actividades están dirixidas a rapazada de entre 3 e 12 anos. Realizaranse contacontos, talleres de manualidades, de reciclaxe, de fomento da lectura, talleres para aprender a pintar camisetas, xogos de exterior realizando actividades o aire libre, excursións e saídas dentro da vila –aproveitarán para facer pequenas visitas a algún dos rincóns interesantes que nos ofrece Bande–.

Para máis información é preciso chamar ao 988 44 30 20.