Dende a Limia
03:01 h. Martes, 23 de Mayo de 2017

A biblioteca de Bande cambiará libros por alimentos

| 21 de Noviembre de 2016 (15:20 h.)
Imaxe do municipio de Bande
Imaxe do municipio de Bande

A biblioteca municipal de Bande organiza, por terceiro ano consecutivo, a campaña solidaria "Un libro por alimentos". Coa colaboración dos servizo sociais do municipio, a institución intercambia libros a cambio de que a xente achegue alimentos non perecedoiros que serán doados a familias con poucos recursos ou en risco de exclusión social coincidindo coas datas do Nadal.

Tralo éxito das edicións anteriores, os traballadores municipais decidiron continuar con esta iniciativa que é pioneira na provincia neste senso. Todas aquelas persoas que queiran colaborar coa campaña solidaria deberán levar alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, conservas, galletas, cacao, leite, produtos infantís,...) á biblioteca. Poderán facelo de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 17:00 horas. A recollida de alimentos prolongarase até o 16 de decembro e , en sinal de agradecemento, entregarase un libro a todos os participantes.