Dende a Limia
03:52 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

A CHMS asina un Convenio con Aquae Querquennae para colaborar nas escavacións arqueolóxicas

O. Ferreiro | 19 de Septiembre de 2017 (20:24 h.)
Imaxe da sinatura do convenio.
Imaxe da sinatura do convenio.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asina un convenio de colaboración con Aquae Querquennae Via Nova, Fundación que xestiona o complexo arqueolóxico situado no encoro de As Conchas en Portoquintela (Bande).

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colabora nesta campaña tendo en conta o interese do organismo de conca na conservación do bo estado das augas

Este convenio que foi rubricado esta mañá na sede da CHMS, por Francisco Marín Muñoz, presidente do organismo de conca; e por Luís Fernando Quiroga Piñeyro, presidente do Padroado da Fundación; regula unha subvención nominativa de 20.000 euros a favor da Fundación para contribuír á campaña de escavación no complexo arqueolóxico Aquis Querquennis para o exercicio 2017. No acto de firma estiveron acompañados polo vicepresidente da Fundación, Antonio Rodríguez Colmenero.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colabora nesta campaña tendo en conta o interese do organismo de conca na conservación do bo estado das augas do encoro de As Conchas e da contorna no que se enmarcan, por situarse o complexo en zona de dominio público hidráulico e por ser esta a única entidade que xestiona o citado xacemento.

Pola súa banda, a Fundación comprométese a xustificar ante a CHMS o cumprimento das condicións de execución así como a consecución dos obxectivos previstos. A tales efectos, e en todo caso antes do 1 de decembro, achegaranse as correspondentes facturas, nas que se farán constar os gastos ocasionados e os distintos conceptos, acompañadas dos oportunos xustificantes das actuacións realizadas.