Dende a Limia
05:51 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

O Concello de Bande recibiu 90.000 euros en prestacións para vivendas sociais

| 31 de Marzo de 2018 (21:37 h.)

A Xunta concedeulle ó Concello de Bande unha financiación de 90.000 euros para rehabilitar 3 vivendas para destinalas a alugueiros sociais. Son as primeiras axudas tras a convocatoria de 2018 para o programa de rehabilitación de antigas casas ou edificios de titularidade municipal.

As vivendas rehabilidades deberán destinares ao alugueiro social, por parte de unidades sociais con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador públco de renda de efectos múltiples. Esta achega do departamento autonómico vén a engadirse á subvención que a propia Deputación de Ourense concedeu para mellorar cubertas e retirar amianto destas mesmas vivendas.

 

O prazo para  inscribirse na axuda para a rehabilitación dende a Xunta iniciouse en septembro de 2017 e continuará aberto ata o 1 de Xuño deste mesmo ano, sendo o importe total da convocatoria case un millón de euros, o que supón un incremento de entorno o 80%  respecto o ano pasado. Os principais beneficiarios son os concellos de menos de 20,000 habitantes, inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e e cumplintes dos requisitos establecidos.