Dende a Limia
07:39 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Os concellos da Baixa Limia únense a Celanova para formar un xeodestino turístico

| 17 de Mayo de 2018 (10:12 h.)

Lobios;Bande;Entrimo;Muíños e Lobeira, xunto con Celanova e demais concellos da comarca coa axuda da Xunta de Galicia deronlle forma o que será o xeodestino.

Dentro das accións aprobadas para a súa execución inmediata  figuran :

  1. Creación dun produto turístico de base natural.

Un dos valores máis importantes do territorio do xeodestino é a natureza e a montaña, por iso se propón a elaboración dun plan que conteña:

 

  1. Plataforma web e xestión de redes sociais.
  2. Material divulgativo.
  3. Selección de marca e elaboración do manual da imaxe corporativa.
  4. Promoción en feiras, eventos deportivos e culturais, promoción de produtos do xeodestino e impulso á gastronomía.
  5. Visitas interpretativas.
  6. Acordos con turoperadores.
  7. XXV Aniversario da declaración do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
  8. Análise de necesidades formativas.

Para levar a cabo todos estes traballos e accións contan cun presuposto de 88.000 €, dos que o INORDE aporta o 50% e a Axenciade Turismo de Galicia35.000€.

A reunión de formalización foi no concello de Bande, epicentro da área turística.

Unha vez máis a Limia Alta, con 11 concellos encabezados por Xinzo, queda fora de toda planificación turística.