Dende a Limia
18:30 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Ferido un camioneiro nun accidente en Bande

O. Ferreiro | 21 de Junio de 2017 (22:09 h.)
Imaxe do camión accidentado. | La Región
Imaxe do camión accidentado. | La Región

Un camioneiro resultou ferido na OU-540, á altura de Bande, ao saírse da vía co camión –que ía cargado de bobinas de papel– que estaba a conducir. Polo momento non se coñece o estado do ferido.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose en alerta a Urxencias Médicas.

Foi ao redor das 23:30 horas deste martes cando un particular deu aviso ao 112 Galicia e avisou ademais que, debido ao impacto, o camión estaba vertendo moito gasóleo no lugar do sinistro.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose en alerta a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Muíños. O persoal do CAE 112 Galicia solicitou ademáis a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Bande e do persoal do servizo de mantemento da estrada.