Dende a Limia
03:48 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

A Festa do Peixe de Bande celebrará a súa cuadriséximo sexta edición

O. Ferreiro | 29 de Mayo de 2017 (22:33 h.)
Cartel  da Festa do Peixe 2017.
Cartel da Festa do Peixe 2017.

A Festa do Peixe de Bande, recoñecida como festa de interese turístico de Galicia, celebrará en xuño a súa 46ª edición. Unha das festas gastronómicas con máis historia da comarca da Baixa Limia contará con tres días de festexos. Os días 9, 10 e 11 de xuño, Bande encherase de música, deporte e gastronomía.

Nesta edición colaboran, ademáis do Concello de Bande, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e Abanca. Entre outras moitas actuacións e eventos, haberá un campionato de percorrido de caza, un campionato de pesca, unha exhibición de patinaxe e, como non, mercado de artesanía e o fantástico Mercado do Xurés.

Podedes consultar o programa completo facendo click no botón dereito do rato na imaxe de abaixo e en "abrir imagen en una pestaña nueva".

triptico interior 2017