Dende a Limia
16:41 h. Domingo, 19 de Agosto de 2018

A Festa do Peixe enche Bande de música e actividades

| 22 de Mayo de 2018 (19:32 h.)

Esta fin de semana celébrase a XLVIII Festa do Peixe en Bande, os días 25, 26 e 27 de maio.  A festa estará chea de música, stands grastronómicos e unha chea de actividades deportivas ademáis do Mercado do Xurés. Non só iso, senón que este ano a TVG emitirá o programa "Aquí Galicia" en directo dende a propia festa.

 

A Festa, que é de interese turístico e gastronómico de Galicia, comezará o venres 25 as 20h co acto de inauguración oficial e a actuación da Banda de Gaitas e Pandeiretas do Concello de Bande e das charangas Os Bandiños e Terras de Trives, na Praza da Constitución, onde todos os días poderás desgustar os mellores pinchos.

 

O sábado 26 a festa comeza dende ben cedo, pois as 10h ata a 13h organizarase o percorrido de caza para afeccionados, para a cal a licencia federativa é imprescindible, pero pódese facer alí mesmo e de 16h a 20h volveráse facer outro percorrido de caza. As 11h haberá un pasarrúas a cargo dos Gaiteiros de Cadós.

Dende as 16h ata as 19h da celebraránse distintas actividades de patinaxe no pavillón de deportes, competicións de carreiras, exhibicións, coreografías... Pero as 16:30h será a emisión en directo do programa Aquí Galicia. Unha vez rematadas as competicións de patinaxe, as 19:30h haberá unha actuación da Charanga XL e as 20h un espectáculo para nenos "Un lugar chamado mundo". As 21h será a entrega de premios e trofeos dos distintos concursos e campionatos na Praza da Constitución e as 21:30h volverá a actuar a Charanga XL e haberá unha sesión disco ao aire libre na propia praza.

O domingo 27 e derradeiro día desta Festa do peixe, as actividades tamén comezarán cedo. As 8h da maña abrirase a inscripción do Campionato de pesca que terá como custe 1kg de alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos no Bar Ponteliña. As 10h haberá un pasarrúas a cargo da charanga de Bande e as 10:30h abriráse o Mercado Xurés.

As 12h da mañá será a procesión e misa solemne acompañada pola charanga de Bande que a saída, as 13:30h dará un concerto na Praza da Cosntitución, onde farán o resto das actividades do día, a actuación da charanga Támega as 17:45h e a exhibición de zumba as 18:30h. Finalmente as 19h será a degustación de peixes, empanadas e pan artesanal do forno de Vilar de Bande.