Dende a Limia
09:40 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

O humorista galego David Perdomo será o pregoeiro do Entroido de Bande

O. Ferreiro | 30 de Enero de 2018 (23:35 h.)
O humorista David Perdomo | Foto: La Opinión de A Coruña
O humorista David Perdomo | Foto: La Opinión de A Coruña

O concello de Bande presentou hoxe o seu programa completo para o Entroido 2018. A festa comezará este sábado, día 3 de febreiro, coa ruta polas aldeas dos tradicionais "troiteiros". Velaquí o percorrido completo dos mesmos:

Percorrido aldeas 2017

Os troiteiros proseguirán a súa ruta xa pola vila de Bande o domingo día 11, xornada na que o prestixioso humorista galego, David Perdomo, dará o pregón do Entroido ante veciños e visitantes. Ao mediodía na mesma xornada dominical, terá lugar no algergue o II Cocido "Don Pedro" e xa pola tarde comezará o desfile de carrozas e comparsas seguido de boa música para que continúe a festa.

Cocido Don Pedro

O Entroido de Bande continuará o martes, día 13, con feira, máis troiteiros e mellor música. O mércores 14 o enterro da sardiña suporá o broche final para a festa. Velaquí o programa completo:

Cartel 2017