Dende a Limia
08:35 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Mañá presentarase a IV Carreira Popular "Vía Nova" de Bande

O. Ferreiro | 04 de Julio de 2017 (15:43 h.)
Imaxe do centro da vila de Bande.
Imaxe do centro da vila de Bande.

Mañá mércores, a partires das 12:30 horas, terá lugar a presentación da IV Carreira Popular "Vía Nova" de Bande. O acto de presentación oficial será na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense.

O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Bande, José Antonio Armada; e do monitor deportivo do Concello de Bande, Jorge Vázquez.