Sábado 19.01.2019

MARÍA TOLA,comercializa os seus productos vexetais dende Bande

Nome comercial co que se presenta María del Carmen Jimenez

Os baixos da antiga praza de abastos de Bande, onde hoxe se ubica o MERCADO XURÉS, albergará a empresa de transformación de productos vexetais e da horta Conservas Xurés, que se comerciarán coa marca María Tola.

A promotora é María del Carmen Jiménez Paz e este proxecto foi seleccionado Iniciativa Local do Emprego por o concello de Bande.

thumbnail (1)"María Tola", suma dous vocablos: dunha banda, María, nome da promotora. Doutra banda, Tola, que en Galicia designa a quen sen estar "demente", fai cousas extraordinarias, que se apartan do normal. Máis alá das súas fronteiras -Canda e Padornelo- Tola tamén é un apelido que gozou de popularidade na persoa de presentadores, escritores etc. Ademáis, resulta fácil de pronunciar se amplian a sua visión comercial do nacional ó internacional.

A finalidade é producir conservas de vexetais e de frutas de maneira manual. Tamén productos de quinta e cuarta gama seguindo técnicas e métodos culinarios populares e da zona e desenvolver un catálogo de artículos de silvicultura sendo a ESTRUGA un producto gancho. Trátase de presentar no mercado unha conserva de calidade, que emprega materia prima da propia comarca, Galicia e o norte de Portugal principalmente, con unhas peculiaridades climatolóxicas que permiten o cultivo de moitos productos.

A conserva vai dirixida a un público que apreciase o producthumbnail (3)to natural, comprometido co medio ambiente e nun entorno rural ademáis que pretenden convertirse nun souvenir grastronómico que complemente a oferta do Mercado Xurés.  A misión desta empresa, ademáis da viabilidade económica, é social a través da creación de emprego, apoiar a frear a desertización rural, e apoiarse mutuamente noutras iniciativas que pretendan conservar variedades de productos típicos e endóxenos, que da man do home desenvolvenrose no transcurso do tempo. Ademáis, ofrece a posibilidade de dar saída ó execedente de producción estacional que non se pode consumir en fresco.

Comentarios