Dende a Limia
15:10 h. Martes, 17 de Octubre de 2017

Noite de estrelas e música en Aquis Querquennis

Patricia F.S | 29 de Julio de 2016 (18:02 h.)

    O ceo brillará dun xeito especial esta fin de semana en Bande pois o Concello organiza unha cita astronómica que vai ter lugar en Aquis Querquennis. Os obradoiros darán comezo ás 16.30h do sábado 30 e os participantes poderán aprender da importancia que ten a conservación do brillo natural do ceo. Doutra banda poderán concienciarse da cantidade de luz que se desperdicia. 

Doutra banda os asistentes poderán gozar da paisaxe nocturna de Bande e da riqueza do firmamento estrelado e aprender os usos do ceo como recurso para orientarse na época romana. 

Xa pola noite os que ata alí se acheguen poderán coñecer e observar a bóveda celeste da man do colectivo  “Calidade do Ceo Nocturno” , unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito autonómico para a concienciación e divulgación sobre as causas, consecuencias e solucións da problemática da contaminación luminosa.

A música virá da man do cuarteto acústico Ghaveta cun amplo abanico de sons e texturas con música de raíz.